Saturday 04 de May de 2024

Setenta e tres veciños e veciñas de Frades viviron unha divertida xornada no Silleda Park


Setenta e tres veciños e veciñas, na súa maior parte nenos e nenas, participaron esta fin de semana nunha excursión a Silleda Park, programada polo Concello de Frades dentro do seu Programa de Nadal. Os veciños estiveron acompañados polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos.

Os participantes desfrutaron de todas as atraccións dispoñibles, especialmente dos inchables, dos coches de choque, do saltamontes, do tren da bruxa e da zona de xogos para os máis pequenos. Tamén houbo fradenses que se aventuraron na zona de videoxogos, nos futbolíns, nas pistas deportivas e no ping pong.